Boletín Número 168, de 22/07/2008
AYUNTAMIENTOS
RIBADEO
Anuncio
ORDENANZA REGULADORA DO ESTACIONAMENTO CON HORARIO LIMITADO GRATUITO (AZUL)
Faise público que transcorrido o prazo de información pública de 30 días hábiles relativo a aprobación inicial por acordo plenario de 19 de maio de 2008 da “ordenanza reguladora do estacionamento con horario limitado gratuíto (zoa azul) “ deste Concello de Ribadeo sen presentarse reclamacións ou alegacións, dito acordo queda elevado a definitivo.
O texto da ordenanza aprobada é o seguinte:
ORDENANZA REGULADORA DO ESTACIONAMENTO CON HORARIO LIMITADO GRATUITO (AZUL).
ARTIGO 1.
De conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 7/85, Reguladora das Bases do Réxime Local, de 2 de abril e das disposicións contidas no Real Decreto Lexislativo 339/90, de 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre Trafico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial, así como o R.D. 1.398/93 de 4 de agosto que aproba o Regulamento do Procedemento do exercicio da Postestade Sancionadora, díctase a presente ordenanza que ten por obxecto regular o estacionamento limitado-gratuito (zona azul).
ARTIGO 2.
Considerando que a ocupación da vía pública co estacionamento de vehículos, supón o uso dun ben escaso, que debe ser repartido, en virtude das facultades que se recoñecen ó Concello no artigo 25 da Lei Reguladora das Bases de Réxime Local, e no art. 7 do Texto Articulado da Lei sobre Trafico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial, créase o “Servizo de Zona Azul “, que pretende acadar o acceso igualitario e limitado de tódolos/as conductores/as ó aparcamento nas zonas onde este é especialmente escaso.
ARTIGO 3.
Os estacionamentos regulados e con horario limitado, que existirán naquelas rúas e zonas habilitadas e sinalizadas para iso, e que se determinarán por medio dun Decreto da Alcaldía, que en todo caso deberán de coexistir cos de libre utilización, someterase ás seguintes determinacións:
1.- O estacionamento efectuarase mediante disco comprobante do horario, que indicará a hora do estacionamento. (Ver anexo).
2. - O conductor/a do vehículo está obrigado a colocar o disco horario, que cumpra as condicións que se sinalan no anexo, no lugar da parte interna do parabrisas que permita totalmente a súa visibilidade desde o exterior.
No caso de vehículos para persoas con discapacidade deberán colocar o disco horario e a tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade no lugar da parte interna do parabrisas que permita totalmente a súa visibilidade desde o exterior.
3.- O período máximo de permanencia dun vehículo en zona azul será de unha hora e media, agás para vehículos para persoas con discapacidade que será de tres horas.
4.- Quedan excluídos desta limitación, os vehículos da policía, protección civil, bombeiros, ambulancias e persoal sanitario en servizo de urxencia.
5.- Unha vez concluído o tempo máximo de utilización, o vehículo deberá abandonar o aparcarnento, e non poden! volver a estacionar na mesma rúa ou praza, ata transcorridas dúas horas.
6- O horario de limitación comprenderá de 09,00 a 14,00 e de 16 a 21,00 horas. Agás os domingos e festivos, nos que non haberá limitación.
7- Despois de sinalar a hora de chegada no disco horario, non se poderá variar ata que o vehículo abandone o estacionamento en zona azul.
ARTIGO 4.
Constituirán infraccións específicas desta modalidade de estacionamento:
1.- A falta de disco comprobante do horario.
2.- Sobrepasar o límite horario indicado no comprobante.
3.- Modificar a hora de chegada despois do estacionamento.
4.- Estacionar de novo o vehículo na mesma rúa ou praza, antes de transcorrer dúas horas contadas desde a hora de chegada.
5.- Ocupar dúas prazas de estacionamento, ou non axustarse ó espacio marcado para o vehículo.
ARTIGO 5.
As infraccións sinaladas nos apartados 1, 2, 4 e 5 do artigo anterior serán sancionadas con multa de VINTECATRO EUROS (24 euros), e a sinalada no apartado 3 con multa de TRINTA E SEIS EUROS (36 euros ).
As devanditas multas se reducirán nun 30% se se fixeran efectivas durante os 30 días naturais seguintes a aquel en teña lugar a notificación da denuncio.
ARTIGO 6.
Cando un vehículo estea estacionado en zona de estacionamento regulado e con horario limitado durante media dunha hora e media, o durante máis de tres horas no caso de vehículos para persoas con discapacidade contadas desde que fora denunciado polo incumprimento das normas que regulen este tipo de estacionamento, poderá ser inmobilizado ó obxecto de identificar ao seu conductor e notificar a denuncia pertinente; se fora reincidente, poderá ser retirado e trasladado ó depósito municipaL neste caso, notificarase á persoa que pida a devolución do vehículo os gastos que supoñan a inmobilización, o traslado e o depósito, segundo proceda.
DISPOSICION FINAL
Esta ordenanza, que consta de 6 artigos e unha disposición final, entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente polo Concello e publicado o seu texto integro e logo de transcorrido o prazo de quince días a que se refiren os anigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
ANEXO
MODELO COMPROBANTE DE DISCO HORARIO
Tamaño: 11 x 11 cm.
Materiais: Aluminio, plástico, cartolina.
Color: Poderá realizarse en varios colores, sempre que os recadros destinados a hora sexan perfectamente visibles, con fondo branco e caracteres en azul, negro ou vermello.
SERVICIO DE ZONA AZUL
HORA DE CHEGADA: Exemplo: 17:00 a 17:30 h
HORA LIMITE: 19.00
INDICACIÓNS PARA A UTILIZACIÓN DO DISCO DE CONTROL HORARIO, QUE CONSTARÁN NO MESMO.
Axuste a hora de chegada á ZONA AZUL e deixe este disco fronte o parabrisas do seu vehículo en lugar ben visible desde o exterior.
Dispón vostede ata a HORA LÍMITE para permanecer estacionado na ZONA AZUL.
Dita ordenanza modificada entrará en vigor aos quince días da publicación deste anuncio e do seu anexo no Boletín Oficial da Provincia.
Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no art. 10 e 46 da Lei 29/1988, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa.
O presente entrará en vigor a partir do día seguinte ó da publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e unha vez transcurrido o prazo de 15 días a que fai referencia o artigo 65 da Lei 7/1985.
O que se fai público significando que o presente acto pon fín á vía administrativa e que contra o mesmo, de conformidade co previsto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do T.S.X.G. no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio no B.O. da Provincia.
Todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se estime conveniente.
Ribadeo, 8 de xullo de 2008.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA.