Boletín oficial da Provincia. Publicación do edicto en pro da conservación do Cine Colón
Boletín Número 148, de 28/06/2008
AYUNTAMIENTOS
RIBADEO
Edicto - Notificación
Intentada a notificacion da resolución que a continuación se transcribe e resultando descoñecida a titular da mesma, segundo consta no expediente pola devolución do aviso de recibo de correos, efectúase a seguinte publicación aos efectos legais procedentes:
"RESOLUCIÓN DA ALCALDIA RELATIVA A INCUMPRIMENTO DA ORDENANZA TECNICA DE INSPECCION DE EDIFICIOS E DE REQUERIMENTO DE ADOPCION DE MEDIDAS DE CONSERVACION DE EDIFICIO SITO EN PRAZA DE ABAIXO, 1 (ANTIGO CINE COLON), RIBADEO.-
TITULAR SITUACION INMOBLE OBRAS A REALIZAR
Dona Angela
Arévalo Díez Praza Abaixo, nº 1
(antigo Cine Colón) Limpeza fachada, así como
inminente recuperación
cornixa por perigo derrubo,
eliminación letreiro luminoso
mal estado, tapado ocos
abertos fachada principal
coa súa reposición oportuna.
ANTECEDENTES.-
Pola Alcaldía-Presidencia, por resolución anterior de data 21 de xaneiro de 2008 se ditou unha resolución coa realización de obras de mantemento e conservación do inmoble segundo se especifica anteriormente, dándose audiencia á propiedade do informe técnico emitido pola Oficina da ARI.
Visto que con anterioridade á resolución da Alcaldía xa pola Policía Local se tiña informado do desprendemento de cascotes do revestimento da fachada caendo ao calexón Trav. da Paz e que segdundo o propio informe pode haber mais desprendementos.
Visto que tivo entrada un escrito da propiedade por tele-fax no que en síntese se pide unha prórroga de prazo para a actuación.
Visto que o art. 9 da Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia estable que os deberes de uso, conservación e rehabilitación dos propietarios de toda clase de terreos, construccións, edificios e instalacións implican:
“1. a) Destinalos ós usos permitidos polo planeamento urbanístico.
b) Mantelos en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade segundo o seu destino, e de acordo coas normas de protección do medio ambiente, do patrimonio histórico e da rehabilitación.”
Visto igualmente que o artigo 9.1 da Lei 8/2007, de 28 de maio do Solo, establece unha obriga no apartado 1º dentro da delimitación do contido do dereito da propiedade do solo o deber de conservación das condicións legais de seguridade, salubridade, accesibilidade e ornato legalmente esixibles, así como realizar os traballos de mellora e rehabilitación ata donde alcance o deber legal de conservación.
Visto o disposto igualmente nos artigos 199 e 200 da vixente Lei 9/2002, de 30 de decembro de O. Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, que establece a obriga de manter as edificacións nas condicións do artigo 9 da mesma norma galega antecitada e que no apartado 2º sinala que os Concellos ordenarán de oficio ou a instancia do interesado mediante o correspondente expediente e previa audiencia dos interesados a execución das obras necesarias para conservar aquelas condicións, con indicación do prazo de realizacion e que cando as entidades das obras o requiran o Concello esixirá ao obrigado a solicitude de licenza acompañada do proxecto técnico correspondente.
Visto que no apartado 3º do referido artigo 199 se establece que as obras se executarán a costa dos propietarios se estiveran dentro do límite da obriga de conservación que lles corresponde.
Visto que o artigo 200 da Lei 9/2002, ten establecida a inspección periódica de construccións e que o Concello de Ribadeo ten aprobada unha ordenanza de inspección técnica de edificacións (BOP nº 222 de 27.09.2005) e que a edificación da súa titularidade ten incumprido o deber de presentación da referida Inspección técnica.
Visto o informe emitido pola Oficina Técnica da ARI en relación á situación en que se atopa o edificio,
RESOLVO:
1º. Elevar o informe da Oficina da ARI a Resolución da Alcaldía, ordenándose pola presente á propiedade que no prazo de CATRO (4) MESES se proceda á execución das obras básicas de conservación e mantemento sinaladas no informe referido, e deberán polo tanto, pola entidade das obras, de conformidade co artigo 199.2 da Lei 9/2002, de 30 de decembro citada efectuar a solicitude de licenza acompañada do proxecto técnico correspondente.
2º. O apercibimento de execución subsidiaria e no seu caso da imposición de multas coercitivas de conformidade co disposto no artigo 199.4 da citada Lei 9/2002, que establece que en caso de incumprimento da orde de execución de obras a Administracion Municipal procederá á execución subsidiaria da mesma ou a execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 300 a 6.000 euros, reiterables ata lograr a execución das obras ordenadas.
3º. Ordenar con carácter INMEDIATO para que no prazo de 7 DIAS contados dende a recepción da notificación desta resolución, proceda a adoptar as medidas urxentes seguintes para evitar riscos a persoas e bens:
- Valado perimetral.
- Eliminacion de todos os elementos saíntes que teñan risco de caída como letreiro, elementos de carpintería, balaustrada, etc.
Advertir á propiedade do risco que se deriva da presente situación e da responsabilidade subseguinte en que incorre de manterse a actual situación.
4º. No caso de que en relacion ás medidas urxentes do apartado 3º se verificase que non se levaron a cabo polo interesado se procederá á execución subsidiaria igualmente por parte dos servizos municipais, sen prexuízo da iniciación dun procedemento de sanción por incumprimento da presente orde da Alcaldia e da continuación coa imposición de multas coercitivas para conseguir a total execución das obras precisas para manter o inmoble en condicións de seguridade e salubridade.
Efectúase unha previsión de custo de 18.000 euros sen prexuízo da liquidación definitiva que se formalizaría tras da execución subsidiaria pola Administración.
5º. A notificación da presente resolución con carácter inmediato pola Policía Local á propiedade, ao mandatario que compareceu no expediente, e a posta dun exemplar da notificación na fachada do propio inmoble.
Mandao e asinao o Sr. Alcalde, en Ribadeo a 16 de abril de 2008 do que eu Secretario dou fe.- O ALCALDE, ilexible.- O SECRETARIO XERAL, ilexible”.
O que se fai público de acordo con canto se establece no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das AA.PP. e do Procedemento Administrativo Común; comunicándose que o presente acto pon fín á vía administrativa e que contra o mesmo, de conformidade co previsto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998 de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado desta orde de Lugo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da publicación.
Nembargantes poderá interpoñerse, nos termos dos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, recurso postestativo de reposición ante o mesmo órgano que dictou o acto no prazo dun mes contado dende o día seguinte ó desta publicación e contra a resolución expresa do recurso de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no devandito prazo de dous meses. No caso de que non se resolvera expresamente, o prazo para interposición será de seis meses, contados dende que se produza o acto presunto.
Todo isto sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se estime conveniente.
Ribadeo, 12 de xuño de 2008.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario